Pontevedra rende culto ao skate

Pontevedra
21 de xuño 2018

Skaters de toda Galicia achegaranse á cidade do Lérez para a competición que tivo lugar en Mollabao

Pontevedra celebra o Día Internacional do Skateboarding Mónica Patxot

Este xoves Pontevedra celebrou o Día Internacional do Skateboarding. O escenario escollido para acoller as actividades foi o skatepark provisional de Mollabao onde se viviu unha xornada moi especial ao longo de toda a tarde.

Desde primeira hora desenvolvéronse as distintas competicións ao redor dos tres módulos cos que contan as instalacións. Puntuáronse os mellores trucos con gran cantidade de premios, desde material ata roupa de skate por cortesía de diferentes marcas da tenda pontevedresa Bullitt Store. Xa pola noite, a festa continuou no Fifty Club.

Os organizadores destacaron a importancia que ten visibilizar a práctica do skate e o propio emprazamento, no barrio de Mollabao. O concello construíu ditas instalacións en setembro do ano pasado ante a crecente demanda deste deporte urbano en Pontevedra, aínda que o proxecto trátase de algo provisional.

"É importante que rendamos esta homenaxe no 2018, xa que o skateboarding é máis popular que nunca, no 2020 será deporte olímpico en Tokio e nós á espera da prometida pista olímpica na cidade", destacan.