Pontevedra reúne nunha guía todos os roteiros e espazos verdes da cidade

Pontevedra
24 de setembro 2020

Os itinerarios poderán consultarse a través do móbil mediante a descarga da guia ou capturando o código QR do monólito de catro metros que se instalará nos xardíns da Praza de España. A campaña compleméntase coa presentación da primeira guia de bolboretas que habitan na Xunqueira de Alba

Presentación das guías Pontevedra Verde e de las bolboretas da Xunqueira de Alba Concello de Pontevedra

Os xardíns da Praza de España contarán nos próximos días cun novo elemento ornamental. Un monólito de catro metros de altura que marcará o quilómetro cero de todos os roteiros turísticos, naturais e históricas de Pontevedra incluídas nunha guia editada polas concellerías de Promoción Económica e Turismo en colaboración coa de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural.

O documento, editado tamén en físico, poderá descargarse desde a páxina web do Concello ou ser capturado no móbil a través dun código QR que estará visible na escultura. A campaña foi presentada este xoves coincidindo coa conmemoración do Día Mundial do Turismo por Yoya Blanco e Iván Puentes, responsables das devanditas áreas de goberno, os que estiveron acompañados por Saleta González, genrente da firma Equilátero Desenvolvemento Sostible Consultores, que participou na elaboración da guia; e os naturalistas José Rodrigo Dapena e Miguel Ángel Fernández-Martínez, coautores do manual sobre as bolboretas da Xunqueira de Alba.

O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor lugares como a Alameda, o Paseo das Palmeiras, o barrio da Moureira, a Xunqueira de Alba, a Illa das Esculturas, o río dos Gafos, o centro histórico, a Ría de Pontevedra, o río Lérez, os roteiros de Castelao, Sarmiento, Pintos e Bolechas, o Camiño Portugués, o Pazo de Lourizán, o Pontillón do Castro, a enseada de San Simón, Santa María de Xeve, Ponte Sampaio, os ríos Verdugo e Almofrei, as Mouras de Salcedo ou a Serra da Fracha. 

"Moitos destes tesouros existentes na contorna da nosa cidade forman parte desta guía Pontevedra Verde", declarou a concelleira de Promoción Económica. Un complemento de luxo para esta guía que fai especial fincapé nos Espazos Naturais de Interese Local (Enil), catalogación que ten o río Gafos ou a Xunqueira de Alba; é a guia de bolboretas deste último enclave.

Despois dun intenso labor de mostreo levada a cabo durante a última década, o libro recolle información sobre as 43 especies diúrnas deste insecto rexistradas na Xunqueira de Alba. Os artífices deste exhaustivo traballo de investigación son os naturalistas José Rodrigo Dapena e Miguel Ángel Fernández-Martínez, en colaboración con Saleta González.

“Unha cifra salientable ao tratarse dunha contorna periurbana de marisma cunha superficie de 67 hectáreas, e que equivale a máis do 30% das especies rexistradas en Galicia e arredor dun 17% de todas as citadas na Península Ibérica, o que reflexa, sen lugar a dúbidas, a gran riqueza ambiental deste pequeno enclave do municipio pontevedrés”, destacou o concelleiro de Medio Natural.