Pontevedra xa está de Outubrofest

Pontevedra
29 de outubro 2015

A carpa instalada na Praza do Teucro inaugurou este xoves a sétima edición da festa alemá, coa que o Pontevedra Rugby Club recada fondos para financiar a actividade dos seus diferentes equipos. Permanecerá aberta ata o luns 2 de novembro en horario de 12:00 a 0:00 horas

Inauguración da VII Outubrofest na Praza do Teucro PontevedraViva

A Outubrofest levantou o pano este xoves da súa sétima edición na carpa instalada na Praza do Teucro.

Durante cinco días, ata o luns 2 de novembro, a celebración organizada polo Pontevedra Rugby Club para recadar fondos para os seus diferentes equipos encherá de ambiente o centro histórico pontevedrés, atendendo ao público en horario continuo de 12:00 a 0:00 horas.

"Cremos que é unha festa consolidada", explica o presidente do club, Félix Álvarez, quen valora como un dos segredos do seu éxito que "levamos sete anos cos mesmo prezos, na comida e na bebida".

O obxectivo da organización pasa por superar os 6.900 litros de cervexa e as 10.000 salchichas vendidas na pasada edición.

O Pontevedra Rugby Club cobre boa parte do seu orzamento anual coa Outubrofest, aínda que "se o ano pasadao a festa cubría ou 40% da tempada este ano por culpa dos seguros cubrirá o 30%, explicou Álvarez.

Na inauguración, ademais de varios representantes da corporación municipal, participou a presidenta do Waterpolo Galaico, club que recibirá o trofeo 'Máis que rugby'.