Portas abertas e música do Dúo Fírveda para celebrar o Día dos Museos no CITA

Pontevedra
14 de maio 2017

O Día dos Museos tamén se celebrará no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Así, segundo informa o goberno municipal, o próximo 18 de maio será unha xornada de portas abertas nas súas instalacións, situadas na avenida de Santa María

Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) Mónica Patxot

O Día dos Museos tamén se celebrará no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Así, segundo informa o goberno municipal, o próximo 18 de maio será unha xornada de portas abertas nas súas instalacións, situadas na avenida de Santa María.

Ao abeiro da xornada de portas abertas, o CITA estará aberto de 10.00 a 14 horas e de 17.00 a 22.00 horas.

A entrada será libre para todos os públicos.

Ademais, a programación do Día dos Museos incluirá tamén música. Ás 21.00 horas, no interior do propio CITA, haberá un concerto a cargo do Dúo Firveda.

A entrada para este espectáculo tamén será libre ata completar o aforamento.