O Porto de Marín recibe máis de 100.000 toneladas de trigo, millo e soia

Marín
30 de xuño 2026

O porto pontevedrés destaca pola súa especialización en graneis agroalimentarios, con instalacións, operadores e sistemas de carga adaptados a este tipo de mercadorías

Buque granelero
Buque granelero / Autoridade Portuaría de Marín e Ría de Pontevedra

O Porto de Marín recibe estes días a chegada simultánea de tres buques graneleiros.

Entre o tres descargarán máis de 100.000 toneladas de produtos agroalimentarios, principalmente trigo, millo e soia.

Os barcos están consignados polo Grupo Nogar.

Trátase do Evita, con 21.000 toneladas de cereal procedente de Tubarao (Brasil); o Glorious, que transporta 59.000 toneladas desde Nova Orleans.

Tamén o Federal St. Laurent, que se atopa en fondeo e proximamente descargará 33.000 toneladas chegadas desde La Pallice.

O porto pontevedrés destaca pola súa especialización en graneis agroalimentarios, con instalacións, operadores e sistemas de carga adaptados a este tipo de mercadorías.

Ademais, dispón de conexión ferroviaria para distribuír cereal destinado ao abastecemento de explotacións gandeiras e avícolas de Galicia.