Dá positivo en drogas tras chocar co seu coche contra un farol e despois contra o muro dunha casa

Pontevedra
05 de xaneiro 2026
Actualizado: 13:01

A Policía Local de Pontevedra instruíu dilixencias por "influencia de drogas" contra o condutor. O accidente produciuse na madrugada deste luns 5 de xaneiro

Accidente na Avenida de Montecelo
Accidente na Avenida de Montecelo / Policía Local de Pontevedra

Unha persoa resultou ferida leve nun dobre accidente de circulación acontecido durante a madrugada deste luns 5 de xaneiro en Pontevedra.

Tratouse dunha saída de vía rexistrada pasadas as 5.00 horas na Avenida de Montecelo.

Un vehículo saíu da vía chocando contra un farol en dirección de baixada, á altura das instalacións de Príncipe Felipe.

Segundo informa a Policía Local de Pontevedra, o turismo chocou despois contra o muro dunha casa quedando parado na Rúa Pereiras.

Os axentes intruyeron dilixencias por "influencia de drogas", confirma a Policía.

O condutor, de 35 anos de idade, non contaba ademais con seguro en regra.

Con prognóstico leve, foi trasladado ao Hospital de Montecelo para a súa atención.