O PP de Pontevedra recollerá sinaturas para esixir a Pedro Sánchez a suba das pensións

Pontevedra
27 de xaneiro 2025

Tamén colaborarán coa campaña de apoio impulsada polo PP Nacional na plataforma change.org baixo a denominación "¡Subida de las pensiones YA! ¡Ayuda a Valencia YA! ¡Descuentos en el transporte YA!".

Pedro Sánchez, presidente do Gobierno de España Gobierno de España

O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Luis López, vén de anunciar a recollida de sinaturas para esixir ao Goberno de España a suba das pensións.

A pasada semana o Congreso dos Deputados votou en contra de convalidar o chamado Decreto Ómnibus, que contiña, entre outras medidas, o texto que combinaba revalorización das pensións y descontos nos abonos de transporte público, entre outras moitas medidas (con 177 votos en contra, os de PP, Vox e Junts).

Luis López culpa desta situación á "política inútil" do PSOE en Madrid e responsabiliza en exclusiva ao presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, "polo seu empeño en non levar este asunto ao Congreso en solitario, que é como se debe facer".

Os populares recollerán firmas tanto na rúa como nas sedes locais do partido nos 61 concellos da provincia.

Tamén colaborarán coa campaña de apoio impulsada polo PP Nacional na plataforma change.org baixo a denominación "¡Subida de las pensiones YA! ¡Ayuda a Valencia YA! ¡Descuentos en el transporte YA!".

O presidente do PP pontevedrés manifestou que "Pedro Sánchez ten que deixar de chantaxear á democracia e de practicar o trileirismo e o engano político".

O tamén presidente da Deputación de Pontevedra lamentou que os maiores da provincia queden sen o incremento dos seus ingresos, cifrado nunha media de 35 euros mensuais e de case 500 anuais, "polo capricho e a obcecación do líder do PSOE que quere misturalo con outros temas enmarcados na súa radical axenda política para tratar de desviar a súa responsabilidade, exclusiva e única, da conxelación das pensións".

Finalmente, López lembrou que outra das iniciativas bloqueadas pola "política chantaxista" do PSOE, está vencellada coas axudas ao transporte público.

Luis López valorou que "afortunadamente en Galicia está a ser paliada parcialmente pola responsabilidade da Xunta de Galicia", que manterá a bonificación que lle corresponde, do 20%, durante todo o presente ano, así como outras medidas de redución do prezo, descontos e gratuidade para a xente moza e as persoas maiores de 65 anos.