Domínguez pide a Lores que se desmarque do BNG e aplauda a dragaxe do Lérez

Pontevedra
05 de febreiro 2026
Actualizado: 14:42

O portavoz do PP, Rafa Domínguez critica os "intentos de boicot del BNG" na ría de Arousa e as dificultades expostas polo PSOE en Pontevedra

Rafa Domínguez, portavoz del PP de Pontevedra
Rafa Domínguez, portavoz del PP de Pontevedra / PontevedraViva

O portavoz municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, esixiu este xoves ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, que se pronuncie sen ambigüidades a favor do proxecto da dragaxe da ría impulsado pola Xunta de Galicia.

Nunha comparecencia ante os medios, Domínguez reclamou a Lores que "diga sí al dragaxe del Lérez y sí al depósito de los áridos en la zona B, avalada por el Ministerio para la Transición Ecológica, en el exterior de la ría de Arousa", e que, segundo as súas palabras, se desmarque del "boicot político del BNG" e das "suposiciones falsas y alarmistas" do concelleiro nacionalista César Mosquera.

"Yo pido que se unan al proyecto y que aplaudan y que apoyen este proyecto", afirmou.

O dirixente popular sostivo que o proxecto "coge velocidad de crucero" tras a aprobación do proxecto básico por parte do goberno galego, presidido por Alfonso Rueda, e a apertura do período de información pública.

Un paso fundamental, subliñou, para que en 2027 poida iniciarse unha intervención longamente demandada como é a retirada de 500.000 metros cúbicos de áridos ao longo de 4,5 quilómetros da ría, nunha superficie superior aos 309.000 metros cadrados.

O obxectivo, explicou Domínguez, é recuperar calado en puntos estratéxicos como os peiraos do Club Naval e As Corvaceiras e, ao mesmo tempo, favorecer a rexeneración dos bancos marisqueiros situados na bocana da ría. "Deberían dejar de poner palos en la rueda a un proyecto trascendental que saldará una deuda histórica con los sectores afectados y con todos los pontevedreses", afirmou.

O portavoz do PP cargou especialmente contra o Bloque Nacionalista Galego, ao que acusou de manter posicións contraditorias sobre a dragaxe en función do territorio e do foro político.

Lembrou, neste sentido, que o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, opúxose reiteradamente ao proxecto, e que no pleno municipal de maio de 2025 os nacionalistas apoiaron unha moción do PP "a regañadientes", centrando a polémica no punto de depósito dos lodos.

Ese mesmo argumento, engadiu Domínguez, é o que agora utiliza o PSOE de Pontevedra ao proponer que os áridos se traten en terra e reclamar unha ampliación do tramo a dragar. Unha proposta que, a xuízo do portavoz popular, só serviría para bloquear a actuación xa que "modificar el proyecto en este momento implicaría reiniciar todos los trámites administrativos", alertou.

"O están en contra del dragado o demuestran un profundo desconocimiento del funcionamiento de la administración", engadiu.

Domínguez insistiu en que a localización da vertedura exterior, nas inmediacións da illa de Sálvora, responde a criterios técnicos e conta cos informes favorables da Administración central.

Por último, o portavoz do PP local apelou á "altura política" e pediu ao tres grupos municipais que actúen de forma coordinada ante un investimento que, na súa opinión, debería situarse por encima do enfrontamento partidista. "Es el momento de ir todos de la mano", sinalou.