Preocupación por un incendio forestal en Cuntis próximo a un núcleo habitado

Umia
07 de setembro 2020

Concretamente a orixe do lume localizouse na parroquia de Cequeril, nunha zona forestal moi próxima a unhas vivendas. Precisamente a proximidade das chamas levou aos membros de Protección Civil da localidade para desaloxar unha casa por precaución no lugar da Cruz

Incendio en Cequeril Concello de Cuntis

Na tarde deste luns produciuse un incendio forestal en Cuntis. Concretamente a orixe do lume localizouse na parroquia de Cequeril, nunha zona forestal moi próxima a unhas vivendas.

Precisamente a proximidade das lapas levou aos membros de Protección Civil da localidade para desaloxar unha casa por precaución no lugar da Cruz.

A agrupación local viuse reforzada por voluntarios de Protección Civil de Caldas de Reis e de Vilagarcía. O Concello de Cuntis tamén solicitou ao 112 a axuda do GES da Estrada ainda que esta petición non foi atendida causando o enfado do Goberno local.

Os labores de extinción, nas que traballan numerosos efectivos da Xunta, están a verse dificultadas polas elevadas temperaturas e o vento  racheado. Utilizáronse mesmo escavadoras para crear camiños que faciliten o acceso dos vehículos ata as chamas.

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, está a seguir con preocupación a evolución do incendio desde o lugar dos feitos.