Preparar a volta ao cole no comercio pontevedrés volve ter premio

Pontevedra
30 de agosto 2021

A entidade puxo en marcha a campaña 'A volta ao cole 2021 ten premio na Zona Monumental', que chega despois do éxito da primeira edición en 2020. Entre o 1 e o 15 de setembro do 2021 toda a clientela dos comercios asociados entra no sorteo de 10 IPAD de 32 GB de 10,2 pulgadas

Campaña 'A volta ao cole 2021 ten premio na Zona Monumental'
Campaña 'A volta ao cole 2021 ten premio na Zona Monumental' / CCU Zona Monumental'

Aqueles clientes que confíen no comercio do casco histórico de Pontevedra para preparar a volta ao colexio terán premio este ano da man da asociación de comerciantes CCU Zona Monumental

A entidade puxo en marcha a campaña 'A volta ao cole 2021 ten premio na Zona Monumental', que chega despois do éxito da primeira edición en 2020. 

Como parte desta campaña, entre o 1 e o 15 de setembro de 2021 toda a clientela dos comercios asociados a Zona Monumental premiarán a súa fidelidade. Por cada compra, os clientes recibirán unhas papeletas para entrar no sorteo de 10 IPAD de 32 GB de 10,2 pulgadas. Só é válido un premio por persoa.

O sorteo realizarase o día 17 de setembro ás 13.00 horas na sede da entidade na rúa Serra. As bases poden consultarse na páxina web da asociación: www.ccuzonamonumental.es.

Esta campaña pretende premiar a fidelidade dos clientes, transmitíndolle aos consumidores un atractivo promocional que incentive a realización das compras nos establecementos asociados, ofrecendo a posibilidade de acadar importantes premios.