Presenta un certificado descargado de internet dun médico negacionista para xustificar que non leva máscara

Poio
13 de xuño 2021

Tratábase dun documento tipo onde constan os datos do doutor Manuel Jesús Rodríguez, colexiado, pero o texto non aparece selado en tinta nin rubricado para certificar a revisión do paciente. O doutor fíxérase famoso por protagonizar un incidente no programa televisivo de Risto Mejidea>

Documento co nome do médico negacionista presentado polo veciño de Poio para xustificar a falta de máscara Policía Local de Poio

Axentes da Policía Local de Poio observaban a un home camiñando pola avenida Andurique sen levar a máscara de protección sanitaria durante a xornada do venres 11 ao mediodía. Ante esta situación, identificaron o home que é un veciño de Poio de 65 anos de idade.

O home alegou que posuía un certificado de exención do uso da máscara que lle ensinou aos axentes no que se recollía que sofre unha patoloxía de carácter neuro-respiratorio que lle imposibilita levar máscara.

Unha vez revisado de maneira detida, a Policía Local comproba que se trata dun documento tipo onde constan os datos do doutor Manuel Jesús Rodríguez, colexiado, pero o texto non aparece selado en tinta nin rubricado para certificar a revisión do paciente.

O doutor fíxérase famoso por protagonizar un incidente no programa televisivo de Risto Mejide onde recoñecía ser negacionista do coronavirus e non empregar máscara.

O veciño de Poio explicou aos axentes de maneira espontánea que o xustificante fora obtido a través dun amigo seu que é médico e que agora se atopa traballando nun país africano pero afirmou que descoñecía o nome dese doutor que expediu o documento.

A Policía procedeu a ocuparse dese certificado de exención do uso de máscara e informaron da instrución por un presunto delito leve de falsidade documental ao entender que un certificado é un documento de tipo administrativo, no que unha persoa, institución pública ou privada, legalmente autorizada para acreditar un feito como lexítimo, constata que se cumpriu co que afirma o documento.

Unha vez que os axentes analizaron de maneira detida o documento observaron que carecía de numerosos elementos de seguridade. Despois comprobaron que o certificado se atopa nunha páxina da internet desde onde se pode descargar para despois completalo cun nome e unha firma.

Os feitos foron postos a disposición xudicial para tramitar unha acusación contra o veciño de Poio como presunto autor dun delito leve de falsidade en documento administrativo para evitar o uso da máscara.