Presentadas catro propostas para a execución da senda peonil e ciclista en Marcón

Pontevedra
23 de xullo 2026

O proxecto do goberno autonómico contempla tamén algunhas melloras de seguridade viaria na PO-542

Emprazamento dunha glorieta complementaria á nova senda en Marcón

Catro son as propostas que recibiu a Xunta de Galicia para o proxecto de execución dunha nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-542, na parroquia de Marcón.

O itinerario previsto terá case un quilómetro de lonxitude conectando A Ermida, Pazos e Marcón, mellorando o acceso a equipamentos como o colexio, a igrexa ou o polideportivo.

O proxecto inclúe ademais unha nova glorieta na PO-542 para mellorar a seguridade viaria e a fluidez do tráfico.

Tamén se eliminarán os carrís centrais de espera para xiros á esquerda, melloraranse as interseccións, habilitarán espazos de aceleración e desaceleración e instalaranse dous refuxios para usuarios do servizo de autobús.

O proxecto contempla un investimento de 1,4 millóns de euros que se financiarán cos fondos europeos FEDER.

Unha vez adxudicado, o prazo de execución da obra é de ano e medio.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora