Un preso de permiso, detido por un incendio preto da casa dun familiar co que tiña mala relación en Noalla

Sanxenxo
02 de agosto 2025
Actualizado: 20:37

O lume arrasou uns mil metros de terreo. Trátase dun veciño de Noalla de 51 anos e non descártase que poida estar relacionado con outros incendios rexistrados nos últimos días

Detido polo incendio en Pontes, Noalla
Detido polo incendio en Pontes, Noalla

Un preso que estaba a gozar dun permiso penal foi detido este sábado en Sanxenxo como presunto responsable de provocar un incendio forestal.

O lume rexistrouse na tarde deste sábado no lugar de Pontes, na parroquia de Noalla, e arrasou unha superficie de aproximadamente mil metros.

Segundo a información facilitada polo Concello de Sanxenxo, a Policía Local detívoo grazas á colaboración dos veciños, que viron o home merodeando pola zona.

O lume rexistrouse preto da casa dun familiar co que, ao parecer, mantén malas relacións.

Non se descarta que poida estar relacionado con outros incendios rexistrados nos últimos días, segundo confirman fontes municipais.

Incendio en Pontes, Noalla
Incendio en Pontes, NoallaConcello de Sanxenxo

O arrestado é un veciño de Noalla de 51 anos e unha patrulla da Policía Local identificouno e detivo minutos despois na zona do incendio.

Cando lle deron o alto, se encarou aos veciños e aos policías cunha navalla.

Os policías realizáronlle un rexistro e incautáronlle varios chisqueiros cos que presumiblemente causou o incendio.

Tras a súa detención, quedou a disposición da Garda Civil, que o mantén custodiado no cuartel á espera da súa posta a disposición xudicial.

Para sufocar o incendio, foi necesaria a intervención de Emerxencias de Sanxenxo, a Policía Local e unha brigada da Consellería de Medio Rural.