Preto dun milleiro de persoas participarán no desfile de Entroido da Lama

A Lama
02 de marzo 2017

O Concello habilita carpas na Alameda para albergar aos participantes que asistan ao desfile e ao baile de entroido amenizado pola orquestra Xacobeo

Desfile do Entroido en Pontevedra 2017 (I) Diego Torrado

Preto dun milleiro de persoas participarán no desfile de entroido que se celebrará na Lama o vindeiro sábado 4 de marzo, a partir das 18 horas, desde o pavillón municipal ata a Alameda onde estará instalada unha gran carpa e onde terá lugar o baile de entroido amenizado pola orquestra Xacobeo.

A organización prevé a repartición de substanciosos premios en metálico para as comparsas, grupos de procedencia local e visitante ademais da os mellores disfraces individuais e por parellas.

Nestes momentos está confirmada a presenza de seis comparsas do máis alto nivel e que protagonizan o entroido na comarca como Amoriños de Bora; Os Solfamidas, de Campolameiro; Las Flores del Carnaval, de Monte Porreiro; Os da Caña, de Marín; Os 100Tolos, de Campelo-Poio y Os Canecos de Poio.

O Concello da Lama reserva un total de 3.415 euros en premios para os participantes no concurso de filloas, orellas e disfraces do Entroido. 

Arquivado en