Preto de medio milleiro de persoas apúntanse á Xuntanza da Terceira Idade de Aguasantas

Cerdedo Cotobade
05 de xuño 2025

Terá lugar este venres 6 de xuño na Carballeira de Famelga, organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade

Jorge Cubela, co cartel da Xuntanza da Terceira Idade
Jorge Cubela, co cartel da Xuntanza da Terceira Idade

A Carballeira de Famelga, en Aguasantas, será escenario este venres 6 de xuño da sexta edición da Xuntanza da Terceira Idade organizada polo Concello de Cerdedo-Cotobade.

As actividades teñen previsto comezar ás 13.30 horas cun acto relixioso na Capela de Falmelga, ao que seguirá unha comida popular que finalizará con diversas actividades.

Todo cun custo de 20 euros por persoa.

Está confirmada a presenza de preto de 500 persoas.

As persoas que van participar están empadroadas en Cerdedo-Cotobade, deben ter máis de 65 anos ou de 55 sendo xa pensionistas, podendo estar acompañados dos seus cónxuxes.

O non empadroados poden participar igualmente pero pagando a totalidade do prato.

Para facilitar a asistencia ao evento o Concello porá autobuses a disposición dos veciños que comunicaron previamente o seu interese.

"Esta xuntanza volverá ter un importante valor emotivo e de homenaxe ás persoas que conforman unha xeración que traballou moito para nos situar no lugar que estamos", sinalou sobre este evento o alcalde, Cerdedo-Cotobade.

Cubela destacou que "se producirán de novo os reencontros de vellos amigos que durante o ano non teñen a oportunidade de coindicir e seguiranse estreitando os lazos de boa veciñanza entre todos os participantes".