Prevén que A Reiboa poida ter instalado en novembro o novo céspede sintético

Poio
24 de agosto 2022

Os traballos de mellora do campo de fútbol da Reiboa, na Seca, avanzan a bo ritmo. Tanto é así que a previsión do goberno municipal que é as instalacións deportivas poidan estrear en novembro o novo céspede sintético que se vai a colocar

Obras no campo de fútbol de A Reiboa
Obras no campo de fútbol de A Reiboa / Concello de Poio

Os traballos de mellora do campo de fútbol da Reiboa, na Seca, avanzan a bo ritmo. Tanto é así que a previsión do goberno municipal que é as instalacións deportivas poidan estrear en novembro o novo céspede sintético que se vai a colocar.

Os operarios da empresa OPSA, responsable de levar a cabo esta actuación, xa retiraron o antigo céspede, que presentaba un estado de deterioro importante.

O proxecto contempla a dotación dun novo tapete de última xeración, homologado pola FIFA para a competición.

A obra, recorda a edil de Deportes, Marga Caldas, vai máis alá da renovación desta superficie, xa que tamén contempla a reparación do asfalto, co obxectivo de garantir unha correcta escorrentía de augas, o que axudará a evitar acumulacións no céspede en época de choivas. 

Ademais, inclúese a limpeza e posta a punto do sistema de drenaxe. Finalmente, unha vez instalado o novo céspede, aproveitarase tamén para renovar as porterías, as bandeirolas dos currunchos e os canóns de rego.

O orzamento desta actuación supera os 200.000 euros.

Estas tarefas non afectan ao espazo que acolle os circuítos que utiliza habitualmente a escola de ciclismo, que permanecerán operativos en todo momento.