Previsto un corte de tráfico na Rúa Rosalía de Castro durante este xoves 10

Pontevedra
09 de agosto 2023

O Concello de Pontevedra indica que a rúa permanecerá sen circulación de vehículos á altura da Ponte sobre o río dos Gafos debido ás obras que se van a acometer entre as 09.30 e as 18.00 horas do xoves

Ponte da Tablada PontevedraViva

O Concello de Pontevedra alerta de que este xoves 10 de agosto, entre as 09.30 e as 18.00 horas, está previsto un corte de tráfico na Rúa Rosalía de Castro.

O corte producirase debido á execución de obras na zona.

Os traballos consisten na instalación da pasarela sobre o Gafos, que vai unir as rúas Tablada e Rosalía de Castro.

O tramo que quedará sen circulación rodada atópase á altura da ponte sobre o río dos Gafos.

O concelleiro de Parques e xardíns, Xaquín Moreda, informou destes traballos de corte, encaixonado e cimentación na ponte sobre a rúa Rosalía de Castro sobre a que repousará a pasarela metálica proxectada nesta zona do Gafos. 

O proxecto foi adxudicado á empresa Covsa por 495.866 euros e está financiado por fondos europeos FEDER dentro da Estratexia DUSI Máis Pontevedra.

Para realizar esta actuación, a Policía Local elaborou un plan de mobilidade dado que a empresa Covsa, adxudicataria do proxecto. No plan de tráfico recolle as recomendacións de entrada e saída da zona para a veciñanza do lugar.

O proxecto de instalación da pasarela sobre o Gafos supón a demolición da actual pasarela de lousa prefabricada que une as dúas rúas e a construción desta nova metálica. A intervención complétase coa creación de muros de contención para asegurar os noiros dos edifios e a creación de espazos verdes en forma de bancais até chegar ao río.