O Multiusos de Arcade foi escenario dun acto especial con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
Alí entregouse o recoñecemento 'María a das Mil Flores', dentro da programación que contaba coa lema 'Herdeiras do Sal'.
A muller homenaxeada foi Estrella Cortegoso, primeira mariñeira á boia da Confraría de Arcade.
Un recoñecemento que foi aprobado por maioría no Consello Municipal Feminista de Soutomaior conformado polas asociacións con mulleres do concello e polo tres partidos políticos con representación na corporación.
O evento contou coa proxección dun documental elaborado por Breikus no que se puideron coñecer detalles da relación de Estrella co mar e os seus inicios a bordo dun barco.
Despois chegou o momento máis emotivo coa entrega do recoñecemento 'María a das Mil Flores' a mans do alcalde, Manu Lourenzo, e a concelleira de Igualdade, Rosana Martínez Boullosa.
Tras a entrega do premio tivo lugar unha actuación do Orfeón do Berbés.
