Primeira reunión de Costas, Portos e Concello para abordar a mellora da Carabuxeira

Sanxenxo
19 de marzo 2018

O compromiso do goberno local é que esta rexeneración, e a toma de medidas correctoras para que este areal non volva perder area, debe iniciarse antes verán de 2019

Cristina de Paz Curbera, xefa provincial de Costas, nunha praia de Sanxenxo
Cristina de Paz Curbera, xefa provincial de Costas, nunha praia de Sanxenxo

Este luns tivo lugar a reunión, que quedara pactada no último encontro, entre, Costas, Portos e Concello de Sanxenxo.

É a primeira vez que as tres administracións con competencias no areal reúnense para deseñar unha folla de ruta conxunta. Por iso, o encontro foi unha primeira toma de contacto entre os tres entes. Proximamente, terá lugar un novo encontro, no que se poderá analizar a situación da praia, a solución técnica e como se asumirá e financiarase a obra.

O compromiso do goberno local é que esta rexeneración, e a toma de medidas correctoras para que este areal non volva perder area, debe iniciarse antes verán de 2019.

Ademais, recentemente nunha reunión, con propietarios da zona, desde o goberno local presentóuselles a idea de que o proxecto da praia vaia máis aló da rexeneración do areal, e por iso existe a idea de dotar á zona dunha senda que a embeleza e permita gozar dunhas vistas privilexiadas, recuperando a fachada marítima desta parte da vila e unindo as praias de Panadeira, Lavapanos e Carabuxeira.