Sanxenxo entrega a Costas o proxecto da Carabuxeira para a súa avaliación ambiental

Sanxenxo
16 de abril 2018

Despois da última reunión mantida entre as tres administracións implicadas na rexeneración da zona da Carabuxeira, Costas, Portos e Concello, o Goberno solicitou nunha reunión coa xefa provincial de Costas, Cristina Paz Curbera o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada

Sede principal do Concello de Sanxenxo
Sede principal do Concello de Sanxenxo

Despois da última reunión mantida entre as tres administracións implicadas na rexeneración da zona da Carabuxeira, Costas, Portos e Concello, o Goberno solicitou nunha reunión coa xefa provincial de Costas, Cristina Paz Curbera o inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada.

Para iso entregóuselle o documento de inicio do procedemento e o proxecto de construción para a rexeneración da praia e as súas obras de acceso.

Este proxecto definitivo de rexeneración pretende cumprir catro obxectivos.

Son que a superficie seca da praia sexa igual á primitiva, que a actuación sexa definitiva, que a area de achega sexa parecida á actual para que se manteña o perfil da praia, para o que serán necesarios 24.000 metros cúbicos de area aproximadamente, e que a estrutura de contención que coide o escape da area teña o menor impacto posible.