A Taberna da Avoa acolleu este martes un encontro cos propietarios dos terreos ocupados polo asentamento chabolista na Ponte do Couto, no medio do Camiño de Santiago. O encontro estivo auspiciado por Vaipolorío que antepón as razóns ambientais fronte a outros argumentos para a recuperación deste espazo.
Nesta primeira cita acordouse crear unha fronte común para que as súas reivindicacións poidan ter máis eco. A súa demanda é realoxar das familias xitanas que viven neste espazo onde aparcaron as súas caravanas e construíron as súas infraviviendas.
Esta reunión tamén estivo marcada por dúas ausencias: a dos propios chabolistas e a do goberno local. Ambos os dous estaban invitados ao encontro. Respecto á Xunta non houbo resposta ningunha.
A solución da Administración Local pasa por converter este espazo en chan público e posteriormente expropialo
Todos os presentes na reunión coñecían o punto de vista do Concello, que prima os motivos sociais e urbanísticos. A solución da Adminsitración Local pasa por converter este espazo en chan público e posteriormente expropialo.
Os propietarios rexeitan esta posibilidade, segundo expresou Mateo Rois Rodríguez, voceiro dos donos que prantexan a compra dos terreos "a un prezo razoable".
Os donos de Ponte do Couto deixaron claro que nunca se deu autorización ou permiso para que os xitanos se asentasen nos seus terreos.