A procesión das Tres Caídas, sen permiso do ceo

Pontevedra
14 de abril 2025
Actualizado: 21:07

Este Luns Santo debería ter desfilado, ás oito e media da tarde, desde a igrexa de San Bartolomé, pero a meteoroloxía foi adversa e a prudencia aconsellou suspendela

Imaxe do Cristo das Tres Caídas no interior da igrexa de San Bartolomé
Imaxe do Cristo das Tres Caídas no interior da igrexa de San Bartolomé / PontevedraViva

A choiva non permitiu a saída da procesión do Cristo das Tres Caídas.

Este Luns Santo debería ter desfilado, ao oito e media da tarde, desde a igrexa de San Bartolomé, pero a meteoroloxía foi adversa e a prudencia aconsellou suspendela.

Esta procesión é responsabilidade da Confraría da Vera Cruz e Misericordia.

Os confrades tiñan moi presente a experiencia vivida o ano pasado, entón animados por unha tregua no tempo decidiron saír en procesión cando a choiva volveu aparecer en metade do percorrido.

A Confraría da Vera Cruz e Misericordia conta cuns 200 integrantes. Visten hábito negro, cíngulo morado, capuz morado cunha cruz bordada en cor verde, capa negra, luvas negras e varal con farol. As dignidades da agrupación penitencial cóbrense con capa branca.

Habitualmente un grupo duns 34 costaleiros portan aos ombreiros o paso, duns 800 quilos de peso, que adoita ir adornado con caraveis vermellos.

A imaxe da Virxe da Misericordia con que desfila esta confraría, tamén é coñecida popularmente na cidade como a imaxe da Virxe do Sete Puñais.

Este luns o programa incluía a interpretación de motetes ao longo do percorrido.

A imaxe orixinal do Cristo das Tres Caídas recuperouse en 2022, despois de que esta agrupación relixiosa da Vera Cruz lograse trasladar á cidade a figura que se atopaba no Convento de Santa Clara e, que tras o peche e venda do inmoble, permanecía en Santiago de Compostela.

A talla data do século XVIII, sendo unha das máis antigas que procesionan na Semana Santa pontevedresa, xunto ao Cristo da Expiración, que sae en procesión o Xoves Santo tamén acompañada polos confrades desta irmandade.

Os actos de Semana Santa en Pontevedra teráncontinuidade este martes 15 de abril, se o tempo o permite, coa Procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza, da Confraría do noso Pai Xesús do Silencio con acompañamento da Confraría da Maior Dor, con saída ás 21:00 horas desde a igrexa de San Bartolomé.