Protesta baixo o lema "Un parque para cans digno"

Pontevedra
15 de marzo 2014

Un numeroso grupo de cidadáns participou este sábado na Praza de España baixo o lema "Un parque para cans digno en Pontevedra". Convocados a través das redes sociais esta protesta xorde en resposta "a las numerosas sanciones que hemos recibido", segundo explicaron os seus voceiros

Concentración para reclamar un espazo para os cans
Concentración para reclamar un espazo para os cans / PontevedraViva

Un numeroso grupo de cidadáns participou este sábado na Praza de España baixo o lema "Un parque para cans digno en Pontevedra".

Convocados a través das redes sociais esta protesta xorde en resposta "a las numerosas sanciones que hemos recibido", segundo explicaron os seus voceiros.

Estes cidadáns sinalan unha serie de carencias que consideran ten a cidade de Pontevedra neste aspecto, "que los numerosos ciudadanos que somos propietarios de un perro o varios nos enfrentamos día a día".

Nun manifesto dirixido ao Concello este colectivo esixe un espazo digno no centro onde os cans poidan correr e xogar con outros animais.