Que establecementos compiten na primeira edición de PonteAlmorzo?

Pontevedra
27 de abril 2022

A Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, e a Asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo) acaban de dar a coñecer os nomes da vintena de establecementos de hostalería que participarán entre os días 6 e 15 de maio na primeira edición de PonteAlmorzo. 

Bolería David

A Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco, e a Asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo) acaban de dar a coñecer os nomes da vintena de establecementos de hostalería que participarán entre os días 6 e 15 de maio na primeira edición de PonteAlmorzo. 

Os amantes da primeira comida do día xa poden coñecer ademais a composición dos menús que poderán degustar neste certame, impulsado no marco do proxecto Pontevedra Capital Gastro e deseñado para poñer en valor, promocionar e dinamizar o traballo das cafeterías e bares que ofrecen almorzos a diario.

A lista de establecementos que aspiran a obter o galardón de 'Mellor Almorzo de Pontevedra 2022' (premiado cunha placa conmemorativa e unha masterclass) e a descrición dos almorzos ofertados (todos eles por un prezo de 4 euros) é a seguinte:

  • Café Moderno (Praza de San Xosé, 3): Café ou infusión, bocadillo de xamón serrano con puré de tomate quente e zume natural.
  • Café bar Chalo (Joaquín Costa, 42, baixo): Sándwich de avea, zume e café ou infusións.
  • Mamá Sofía Panadería Degustación (San Antoniño, 83): Zume de froitas natural, torrada de tomate natural triturado con aguacate + café con leite.
  • El Patio Kinder Bar (Virxe do Camiño, 11, baixo): Café ou infusión, zume de laranxa natural e mini torrada de tomate, aguacate e sementes de liño, chía e sésamo. 
  • Café Bar Lelé 2 (Fernando Olmedo, 5): Café ou infusión, zume natural de laranxa, churro e tosta de serrano con aceite.
  • La Buena Vida (Blanco Porto, 4): Café grande, zume laranxa natural, biscoito e tosta de tomate con xamón e aceite de alfábega ao toque allo negro.
  • Cafetería Sonata (Peregrina, 66): Café, cola cao ou infusión. Zume de laranxa e amorodo natural, froita fresca, torrada de espelta de xamón ibérico e doce do día.
  • Café bar 33 (Rosalía de Castro, 78): Café, cola cao ou infusión con zume natural, macedonia, petisco de tortilla e doce do día.
  • Adega dos Avós (Gutiérrez Mellado, 6, baixo): Café, gazpacho de amorodo, ovo duro, pan de pita recheo e torta de queixo.
  • Piada Romagnola (García Camba, 2): Café con leite, zume e opción de piada salgada ou doce a elixir.
  • Lulo Gastrobar (Joaquín Costa, 14): Café cremoso con chocolate fundido e cacahuete. Lulada valluna e hotcake asiático.
  • Cervecería Lola (José Casal): Café + zume de laranxa + biscoito + petisco pantumaca + minitosta con marmelada.
  • El Dulce de Leche Alameda (Marqués de Riestra, 35): Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite, aguacate e sementes variadas.
  • El Dulce de Leche Raíña Vitoria (Raíña Vitoria, 5): Café, infusión ou cola cao. Zume de laranxa. O noso clásico: dous minis croissants (un deles recheo de doce de leite). Media tosta de sementes con tomate natural, aceite, aguacate e sementes variadas.
  • Vía Nai (Isabel II, 22): Café blend 'Vía Nai' elaborado en V60, limoada, biscoito húmido de chocolate e ovos á cazola con bacon, ceboliño e sal de Ibiza.
  • El Cafetín (parque da Alameda): Café de améndoa, tosta de millo con aguacate e tomate aliñado, zume Vital e mini croissant con marmelada de arandos.
  • Moi Bo (Michelena, 34): Bebida quente composta de café. Bebida fría de zume de froitas. Petisco doce (mini croissant). Petisco salgado composto por queixo, aguacate, xamón serrano, tomate e aceite de oliva.
  • Cafetería Bachata (Eduardo Pondal, 40): Café, zume, torradas ou croissant artesán.

 

A Concellería de Promoción Económica sorteará tres premios de 100 euros para gastar nos locais participantes entre o público que deposite as súas valoracións nas urnas que quedarán instaladas nos locais participantes.