Que fan os do Sánchez co Crespo Rívas?

Pontevedra
08 de xuño 2016

Por cuarto ano consecutivo os alumnos do Instituto Sánchez Cantón convertéronse en profesores de francés para os nenos da escola de Educación Infantil Crespo Rivas

Proxecto educativo do Crespo Rivas co Sánchez Cantón Crespo Rivas

Por cuarto ano consecutivo os alumnos do Instituto Sánchez Cantón convertéronse en profesores de francés para os nenos da escola de Educación Infantil Crespo Rivas.

Trátase dun exitoso proxecto de innovación educativa e de fomento das linguas, que ten como clave o cambio de roles entre os estudantes que se converten en profesores de francés e os pequenos que lles mostran a través de diversos audiovisuais os seus progresos nas tres linguas presentes no colexio.

O título do proxecto é "J´apprends, you learn, aprendemos" e coordínano Mar Villaverde, profesora de francés do Sánchez e Fabiola Cintrón, profesora de inglés do Crespo Rivas que contan tamén coa colaboración de Anxo González, profesor de galego, agora xubilado, do Sánchez Cantón.

Pero non é o único proxecto que teñen en marcha.

Este xoves terán un "mini concerto" en inglés coa colaboración de dous coñecidos músicos pontevedreses: Armando Guerra e Andrés Puga que brindarán unha homenaxe musical aos Beatles dentro da iniciativa "Pop-rock notes for learning english".