Queixas pola masificación do alumnado nos centros de FP

Pontevedra
02 de outubro 2014

A primeira en dar a voz de alarma pola masificación do alumnado foi a comunidade educativa do ciclo medio de carpintería y moble do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) na Xunqueira pero a problemática que se está a dar neste centro repítese en Pontevedra no IES Montecelo

Obradoiro do CIFP A Xunqueira
Obradoiro do CIFP A Xunqueira

A primeira en dar a voz de alarma pola masificación do alumnado foi a comunidade educativa do ciclo medio de carpintería y moble do Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) na Xunqueira, pero a problemática que se está a dar neste centro repítese en Pontevedra no IES Montecelo que contaba de 8 Programas de cualificación profesional inicial (PCPI), e que conta agora só con 4 Formación Profesional Básica (FPB).

"ÿ un exemplo xeralizado en toda Galicia", aseguran dende o sindicato Fete-UGT debido a que se suprimiron uns 300 Programas de cualificación profesional inicial e implantáronse únicamente uns 150 grupos de Formación Profesional Básica.

"Isto é unha improvisación e chapuza dada pola implantación da LOMCE"

Para este sindicato isto é unha "improvisación e chapuza" dada pola implantación da LOMCE e nomeadamente da Formación Profesional Básica (FPB), que neste curso corresponde poñer en marcha o primeiro curso.

O mapa de implantación da FPB foi establecido pola Consellería de Educación "de xeito unilateral e saltándose toda a normativa en materia de participación dos centros, profesorado, familias, alumnado, equipos directivos, Consello Galego de FP, entre outros", dice este sindicato.

Segundo UGT os centros foron obrigados a implantar esta ensinanza sen contar cos medios materiais, pedagóxicos e persoais necesarios para que a FPB se desenvolva con mínimas garantías de calidade e servizo público.

"A rateo máxima de matrícula llega ata 20 alumnos, cando se comunicara por parte da Consellería que a rateo máxima sería de 15 alumnos, considerando ademais que o alumnado con necesidade do apoio educativo contaría doble", sinala nun comunicado FETE-UGT "a Consellería incumple sistemáticamente os seus compromisos e a propia normativa escolar", engade.

Outros incumprimentos denunciados son que non se estableceu a planificación do transporte escolar para o alumnado que se despraza dende os seus domicilios.