Queixas veciñais pola inseguridade que xera a falta de iluminación pública

Pontevedra
29 de outubro 2023

O Partido Popular esixe ao Concello de Pontevedra que se acenda a iluminación pública en todas as rúas e barrios

A rúa Loureiro Crespo, diante do Hospital Provincial, sen iluminación pública
A rúa Loureiro Crespo, diante do Hospital Provincial, sen iluminación pública / PontevedraViva

Os concelleiros do grupo municipal do Partido Popular aseguran recibir "muchísimas quejas" de veciños que residen nos barrios da Parda, Campolongo, Mollabao, Monte Porreiro e tamén no centro urbano porque "no se sienten seguros caminando por calles a oscuras".

O portavoz do PP local, Rafa Domínguez, esixirá explicacións ao Goberno local por permitir que "calles y barrios enteros de la ciudad estén con el alumbrado público apagado por las noches".

"No vamos a tolerar que parte de Pontevedra vuelva a estar a oscuras este invierno" manifestou o líder da oposición. "Entendemos perfectamente a las personas que no se sienten seguras caminando por calles con las farolas sin luz. No lo podemos consentir, y menos en una ciudad que presume de modelo urbano", declarou.

Domínguez demanda ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que se responsabilice "personalmente" desta situación ante os "problemas de seguridad" que xeraron no pasado e que, "previsiblemente, se repetirán entre los viandantes con el cambio de hora".