Quince empresarios chineses visitarán as Rías Baixas, interesados no albariño e o aceite de camelia

Pontevedra
06 de decembro 2014

Shaowu Huang é, segundo a lista Forbes, un dos homes máis ricos do mundo. ÿ propietario do Grupo Sinomaster, formado por numerosas empresas dedicadas aos agronegocios, o turismo, as telecomunicacións, a tecnoloxía e o sector inmobiliario. El será o que encabece a delegación de quince empresarios chineses que visitarán as Rías Baixas o próximo 15 de decembro, para interesarse por diversos sectores produtivos da provincia

Turistas chineses no Congreso Internacional da Camelia
Turistas chineses no Congreso Internacional da Camelia

Shaowu Huang é, segundo a lista Forbes, un dos homes máis ricos do mundo. ÿ propietario do Grupo Sinomaster, formado por numerosas empresas dedicadas aos agronegocios, o turismo, as telecomunicacións, a tecnoloxía e o sector inmobiliario. El será o que encabece a delegación de quince empresarios chineses que visitarán as Rías Baixas o próximo 15 de decembro, para interesarse por diversos sectores produtivos da provincia.

Así o anunciou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, nunha rolda de prensa na que situou a visita desta comitiva como froito das relacións establecidas con motivo do Congreso Internacional da Camelia celebrado en Pontevedra.

A delegación chinesa está interesada, especialmente, na compra de grandes volumes de viño albariño e na produción do aceite de camelia, polo que na súa axenda figura unha visita á Estación Fitopatolóxica de Areeiro e a adegas das Rías Baixas.

Ademais de directivos de empresas do Grupo Sinomaster, na expedición participan representantes da empresa T&S Comunications, líder no mercado chinés da alta tecnoloxía.

No programa da visita a Galicia, figura unha recepción no Pazo Provincial o día 15 pola mañá, para posteriormente visitar a Estación de Areeiro e o Mosteiro de Armenteira, centros nos que terán ocasión de coñecer en detalle a produción de aceite de camelia e os produtos cosméticos que se elaboran con el. Así mesmo, visitarán unha adega para interesarse polo viño albariño e as posibilidades de establecer intercambios comerciais.