A quinta edición da Lérez Up regresa en setembro con novidades

Pontevedra
21 de abril 2026

O salón do videoxogo e a cultura friki regresa os días 12 e 13 de setembro ao Recinto Feiral con novidades pensadas para ampliar a experiencia do público

Lérez Up 2025
Lérez Up 2025 / Cristina Saiz

Pontevedra acollerá unha nova edición de Lérez Up, o salón do videoxogo e a cultura friki da cidade.

Organizado por Gaming Troop coa colaboración do Concello, o evento reunirá o días 12 e 13 de setembro no Recinto Feiral a familias, mozas e adultos amantes dos videoxogos, o cosplay, a cultura xaponesa e o lecer alternativo.

A quinta edición chega con novidades pensadas para ampliar a experiencia do público, ademais dos habituais postos de comercio e de artistas.

As bases para pedir mesa publicaranse proximamente, xunto coa zona indie dedicada a desarrolladores de videoxogos independentes. Este espazo servirá de escaparate para presentar proxectos e conectar co sector.

Entre as actividades confirmadas destaca o torneo nacional de 'Super Smash Bros Ultimate', que xa abriu prazo de inscrición e converteuse nun dos alicerces da feira, reunindo en anos anteriores a xogadores de distintos puntos de España e Portugal.

Nos próximos meses tamén se abrirá a inscrición aos concursos de K‑pop e cosplay. Este último contará cun xurado profesional composto polos cosplayers Manueki, de Zamora), e Rea, de República Checa.

O 9 de maio celebrarase unha xornada de portas abertas na Casa da Luz baixo o nome Á beira da Lérez Up, cunha versión máis pequena e familiar do evento e unha mostra das actividades que estarán presentes na feira de setembro. Tamén mostrarán as posibilidades de emprendimiento e gamificación a través do mundo dos videoxogos.

Toda a información da edición deste ano estará dispoñible na nova web e nas redes sociais oficiais do evento (lerez_up), que xa mostran a imaxe ilustrada do cartel creada pola artista galega Tomotoad.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora