2,7 millóns de euros repartiu este 22 de decembro a administración de lotaría número de Pontevedra, situada na rúa Michelena.
Foi a través de 45 billetes dun quinto premio do sorteo extraordinario de Lotaría de Nadal, o 60649, que tamén deixou agraciados en Sanxenxo e A Illa de Arousa.
É o primeiro gran premio que reparte esta administración en polo menos tres anos e a súa loteira, Celia Portela, recoñece a alegría que sente ao repartir sorte. Si repartiran un millón anos atrás.
"Aquí repartiuse hai unha chea de anos, pero xa hai moito, xa nos tocaba, de verdade que si", indica Celia Portela, desexosa de que todas as administracións pontevedresas poidan repartir algún premio "porque aquí non tocaba nunca, estabamos como esquecidas".
Os 45 décimos vendéronse en portelo e tamén a unha empresa cuxo nome non quixeron desvelar, aínda que PontevedraViva puido saber que é Moncho Logística de Refrigeración. Descoñecen a quen repartiron o resto.
Así, confesa que "agora mesmo non temos, de verdade, conciencia de todos", aínda que intúe que boa parte dos décimos leváronos "veciños".

Emocionada tras abrir unha botella de sidra para celebrar, trasladou que neste despacho "estamos super contentas" e recoñece sentirse "moi ben, xenial".
Tamén compartiu o desexo de que repartir máis premios: "Oxalá lle puidésemos dar un pouquiño a cada persoa porque sería xenial". E é que, para esta loteira, "iso é o bo do Nadal, que se reparte moi ben".