RADIO.- Dale la vuelta e cambia as túas crenzas limitantes por outras potenciadoras

Pontevedra
05 de abril 2017

Recollemos as propostas das persoas que seguen os programas de Dale la vuelta en PontevedraViva Radio e nesta ocasión María González explica como podemos "resetear" a nosa información innata por outra que nos leve ao benestar. É dicir cambiar todas esas crenzas e pensamentos limitantes por outros potenciadores.

María González, formadora no Dale la vuelta de PontevedraViva Radio
María González, formadora no Dale la vuelta de PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Dale la vuelta mantén o "feedback" ou retroalimentación con aquelas persoas que seguen este programa de PontevedraViva Radio.

Nesta ocasión emitimos un abanico de agradecementos recibidos a través do mail [email protected], dando a grazas a esas mulleres importantes na vida de cada persoa.

Ademais, damos resposta a unha suxestión que tamén expoñen a María González: como desaprender certa información que levamos nese "pack" innato de supervivencia e que dá lugar a que na personalidade haxa unhas crenzas limitantes.

Explícanos como ser conscientes do aquí e do agora; ter claro que queremos cambiar para fixar uns obxectivos e comezar a realizar eses cambios para conseguir crenzas potenciadoras das nosas habilidades. María González lembra, remitíndose á bibliografía ao Método Integra, de edicións Sirio.