RADIO.- Se conseguir metas depende de ti, por que non o intentas?

Pontevedra
26 de xullo 2017

Dálle a volta non descansa no verán. Así que en PontevedraViva Radioa> podes seguir escoitando os temas que María González achega quincenalmente. Neste programa, falamos de conseguir metas.

María González, formadora en benestar, en PontevedraViva Radio
María González, formadora en benestar, en PontevedraViva Radio / Mónica Patxot

Hai circunstancias nas que aquilo que quixemos facer, ou estudabamos facer, de súpeto,  pasan a ser realidade. Sucede por casualidade?. María González considera que é resultado da "sincronicidade". Esta, segundo Carl Jung, é a unión de acontecementos exteriores e interiores a unha persoa, que aínda que non se poidan explicar, teñen un sentido para esa persoa á que lle sucede.

Graficamente: a quen non lle sucedeu que estea a pensar en chamar por teléfono a alguén e, nese momento, ese alguén o chama?. Iso é a sincronicidade. Como se explica neste Dale la vuelta de PontevedraViva Radio, a sincronicidade non só se produce con persoas, senón tamén coas circunstancias que vivimos. Isto é, "que todas esas conexións se poden usar a favor de nós mesmo, ou en contra de nós mesmos". 

Nese punto do Dálle a volta, centrámonos en expor metas que reporten benestar. María González explica, pautadamente, como conectarse con ese "inalámbrico" para canalizar as metas e obxectivos que se teñan e que estes se materialicen. Se o que vas obter é beneficioso, por que non probar?.