Cervexa artesá, pan artesán e música. Os tres ingredientes cun denominador común: locais. Isto é: Cervexa Nasa, Panadería Xeve Artesán e Querido Extraño. As tres partes participaron no último #chácharadopuntazo nas instalacións da primeira.
En PontevedraViva Radio reunimos neste Pontevedra ten un puntazo a Félix Álvarez e Lois Alfaya de Nasa; Jonathan Crespo de Panadería Xeve e á concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.
Entusiasmada do resultado desta última acción, a concelleira xa pensa en próximas iniciativas que sigan dando visibilidade ao resultado dos proxectos creativos e innovadores que se desenvolven na cidade. Constatamos que os nosos obxectivos están a cumprirse con propostas como esta "cunha presentación e promoción destas empresas que serven de inspiración para outras futuras", explica Anabel.
Aínda que cervexa e pan sexan dous produtos de larguísima e tradicional elaboración; a innovación tamén vai parella ás súas empresas. E explícannos como é así. Por exemplo, buscando achegas económicas mediante micromecenazgo, ou incorporando sementes como a chía tan demandadas actualmente.