RADIO.- "Estamos nunha crise sanitaria mundial sen precedentes, pero o cancro tamén é unha emerxencia sanitaria"

Pontevedra
20 de outubro 2020

Ao impacto e repercusións que conleva un cancro na propia persoa enferma e a súa contorna próxima hai que engadir agora as repercusións da COVID-19. Falámolo en PontevedraViva Radio con Carmen García Hijano, psicóloga e coordinadora de voluntariado da AECC en Pontevedra

Carmen García Hijado, coordinadora de voluntariado e psicóloga da AECC en Pontevedra
Carmen García Hijado, coordinadora de voluntariado e psicóloga da AECC en Pontevedra / Mónica Patxot

Ao impacto e repercusións que conleva a presenza dun cancro na propia persoa enferma e a súa contorna próxima, hai que engadir agora as repercusións da COVID-19. Ben o saben os voluntarios e persoal da Asociación Española Contra o Cancro como o é Carmen García  Hijano, coordinadora de voluntariado e psicóloga da AECC en Pontevedra.

Con ela mantemos unha charla para o programa Mentres isto dure. "Estamos a pasar por unha crise sanitaria mundial sen precedentes; pero desde a AECC queremos concienciar tamén da emerxencia sanitaria que supón o cancro. É a segunda causa de mortalidade en España".

As súas campañas de visibilización son agora máis arduas, como o seu traballo de información, asesoramento e acompañamento que non cesou nin durante os meses de confinamento cunha rápida adaptación aos requirimentos daquel momento. 

Este mes de outubro a sensibilización está co cancro de mama; cuxa detección precoz pódese dicir que foi pioneira nesta enfermidade grazas ao movemento social que promovía hai décadas a AECC.

A este, desde 2016 e grazas á investigación tamén da asociación está implantada igualmente un campaña de detección precoz do cancro colorectal.