RADIO.- Luisa Márquez, reivindicativa por natureza

Pontevedra
24 de decembro 2016

PontevedraViva Radio conta nesta Playlist con Luisa Márquez, coordinadora da Rede de Escolas da Unesco en Galicia. O seu ímpeto vital resúmese nunha das frases que nos deixa nesta conversación: "non me penso morrer ata que este mundo cambie".

Luisa Márquez
Luisa Márquez / Mónica Patxot

É premio Cidade de Pontevedra polo seu traballo e consecucións na Rede de Escolas da Unesco que vén plasmando desde o 97 no IES Luís Seoane de Monteporreiro. En 2015, mediante un dos proxectos de recuperación de memoria da emigración en Santa Clara, Cuba, recibiu a medalla Che Guevara.

Luisa Márquez é sobre todo mestra. Das que ademais dunha materia curricular, ensinou a defensa dos dereitos humanos, a igualdade, o dereito a unha educación pública de calidade, a acceder á cultura, a conseguir a paz, a respectar o medioambiente. E ademais de con ilusión e convencemento, conségueo con espírito reivindicativo.

É sen dúbida a playlist máis reivindicativa e de protesta que tivemos. Pero tamén con toda a vontade, de alcanzar un mundo mellor.