RADIO.- O 68 no seu cincuenta aniversario: "A historia non se repite pero rima"

Pontevedra
29 de marzo 2018

Esta primavera cúmprense cincuenta anos do coñecido maio francés ou maio do 68. Non foron os únicos movementos sociais que se reproduciron naquel momento. Falamos daquel contexto e o extrapolamos ao actual en PontevedraViva Radio

Manuel Artime Omíl no Cara a cara de PontevedraViva Radio Mónica Patxot

O Centro Asociado da Uned en Pontevedra comezou recentemente un curso que se prolongará este abril co epígrafe "O 68 no seu cincuenta aniversario. leccións para o mundo actual". Charlamos en PontevedraViva Radio con Manuel Artime Omil, que é profesor titor deste centro académico e quen imparte igualmente o citado curso.

Expomos neste Cara a cara por que o maio francés foi a catapulta de protestas sociais que se reproduciron tanto en Europa como en América. Foron movementos sociais ou revolucións?, que foi maior o seu impacto ou o seu éxito?, persisten aquelas demandas cincuenta anos despois?.

Miramos de igual forma ao século XXI e comparamos as reivindicacións e movementos sociais que veñen producindo nos últimos anos en España e en Europa. É posible que as conclusións non disten tanto como o tempo que separa cinco décadas; ou como dí Manuel Artime: "a historia non se repite pero rima".