RADIO.- Pon unha planta de interior na túa vida, non é marketing, díxoo a NASA

Pontevedra
14 de xaneiro 2023

Falamos en PontevedraViva Radio con tres expertas en plantas de interior. Que beneficios reporta ter plantas no fogar ou no lugar de traballo?, e se es das persoas que non conseguen manter viva unha planta... estas son as túas 'Conversas na Ferrería'

Clara Redondo Mónica Patxot

Pon unha planta na túa vida, quen di na túa vida, na túa casa.

Porque o verde é a cor da esperanza e mellora o benestar, porque nesta época do ano aumentan o estado de ánimo ou se necesitas unha razón máis contundente porque desde finais dos 80, un estudo da NASA, a Axencia do Espazo Americana concluíu que hai unha variedade de plantas de interior que teñen a capacidade de purificar o ar

Corroborárono en PontevedraViva Radio as tres primeiras invitadas deste 2023. Esperanza Otero e Ángela Ogando, empresarias pontevedresas dedicadas a este sector con Plántate; e a creadora de contidos Clara Redondo, coñecida como plantitiscronica 

Non só falaron destes beneficios das plantas nos fogares, tamén en espazos pechados de traballo, onde a presenza de plantas "fomenta mellores relacións e mesmo a produtividade". 

Faláronnos nas 'Conversas na Ferrería' dalgúns erros moi frecuentes entre aquelas persoas que fan grande ese grupo de "non hai planta que me sobreviva"; sabías, por certo, que significa o de ter un 'planthijo' ou 'plantihija'?.

As respostas ao teu alcance, só pulsa na ligazón que se adxunta a esta información para escoitar o podcast.