RADIO.- Súmate a "El club de la esquina" e descobre as historias da música

Pontevedra
02 de febreiro 2018

"El club de la esquina" é o primeiro dos programas que PontevedraViva Radio estrea neste 2018. O músico e xornalista Tino Domínguez conduce este veterano espazo radiofónico

Tino Domínguez conduce "El club de la esquina" en PontevedraViva Radio Mónica Patxot

"El club de la esquina" estreouse coa chegada de febreiro na programación de PontevedraViva Radio. Programa musical conducido polo músico e xornalista pontevedrés Tino Domínguez.

Para este primeiro programa a selección inclúe as bandas e solistas internacionais The Ventures, Trisa Yerwood, The Scorpions, MonaLisa Twins, Adamo, Sam Cooke, Roy Orbison, The Four Seasons, Bee Gees e The Beatles.

A recado coñeces as cancións, pero tamén é moi posible que descoñezas as historias que acompañan a tantos clásicos da música e que Tino Domínguez lembra en "El club de la esquina".

Do panorama nacional recupera o pop español dos 60 con Micky y los Tonys e Módulos. Hai oco igualmente para as bandas locais cos Black Stones na estrea en PontevedraViva Radio deste veterano programa da radio convencional.