RADIO.- Talavante e os touros de 'Virgen María' o mellor da feria entre os afeccionados das Conversas na Ferrería

Pontevedra
17 de agosto 2018

Terceiro e último faladoiro taurino da tempada en PontevedraViva Radio. Os afeccionados fan balance da Feira da Peregrina. Unha feira da que Cayetano Rivera saíu con dúas costelas rotas que lle obrigaron a suspender os compromisos adquiridos para esta semana

Terceiro dos faladoiros taurinos nas Conversas na Ferrería Paula Sanmartin

Na terceira das Conversas na Ferrería dedicadas ao ámbito taurino, os afeccionados que se deron cita en PontevedraViva Radio manifestaban os seus pareceres sobre o que foi a Feira da Peregrina.

Contamos coas valoracións de Pepé Maquieira, xestor de Taurophilos, Alejandro Pedras da peña David Campos; Raúl Martínez da peña Miuras, Román Habela da peña Gin- Kas e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra. Preguntados sobre cal foi o mestre que mellor faena realizou na Feira de 2018 en Pontevedra e o mellor encierro resólvese case con unanimidade: a gandería de 'Virgen María' que foi a seleccionada para o toureo a pé no festexo do sábado 11 para  Fandi e Ferrera; e en canto a toureiros Talavante, resulta igualmente case unánime, como mellor do abono, sen pasar por alto e mencionar no nivel do anterior as faenas de Morante de la Puebla.

CAYETANO RIVERA, DOS COSTILLAS ROTAS

En referencia a esta recentemente concluída Feira Taurina, apuntar que esta semana en curso Cayetano Rivera viuse obrigado a suspender os dous compromisos que tiña adquiridos. Como sinalaba na súa conta de twitter: "sinto comunicarvos que teño que cancelar as corridas en San Sebastián e Xixón polo contratempo sufrido en Pontevedra, fractura de dúas costelas. Espero recuperarme pronto para estar canto antes de novo nos ruedos". Segundo o parte médico do Servizo de Urxencias do Hospital de Donostia sinalábanse "fracturas costais de 8ª e10ª costelas dereitas" e recoméndase "repouso relativo, evitar esforzos nas próximas 4-5 semanas".