Rafa Domínguez, sobre a dragaxe do Lérez: "Que el Gobierno de Pedro Sánchez diga de una puñetera vez a dónde tienen que ir los lodos"

Pontevedra
15 de maio 2025
Actualizado: 17:01

A esta situación, Rafa Domínguez sumou o millón de euros de fondos europeos ao que o Concello de Pontevedra renunciou para acometer melloras na ribeira do río Lérez

Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP en Pontevedra
Rafa Domínguez, portavoz municipal do PP en Pontevedra / Pablo Ajuria - Brais Porto

Para o Partido Popular, o "boicot" do BNG á dragaxe do Lérez e as "contradicciones" do PSOE pon en risco a posibilidade de que esta actuación poida executarse "a corto plazo".

O portavoz do PP, Rafa Domínguez, apelou a "no perder ni un minuto más" para dragar o río e instou ao Goberno central a decidir en que punto se poderán depositar os áridos que se extraian do Lérez.

"Que el Gobierno de Pedro Sánchez diga de una puñetera vez a dónde tienen que ir los lodos", reivindicou Domínguez, que sostivo que a Xunta de Galicia está en condicións de impulsar esta dragaxe "en cuanto tengan la autorización".

O líder popular ha pedido "responsabilidad" a socialistas e nacionalistas para que "dejen de poner por delante sus valoraciones e intereses políticos" por encima do informe técnico do CEDEX que identificou Sálvora como a alternativa prioritaria para depositar estes lodos.

A este respecto, censurou que o número dous do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Hugo Morán, contradiga este informe, a pesar de emitilo un organismo técnico "de acreditado prestigio" e que depende do propio Goberno.

A iso sumou a postura do BNG, aos que Domínguez acusa de primar os seus "intereses partidistas" na ría de Arousa ao oporse ao momento elixido para depositar estes áridos, unha postura que "hace mucho daño" a Pontevedra e que lle parece "sumamente grave".

"El BNG ha dejado solo a Lores. Abandonan a Pontevedra por un puñado de votos en Arousa", subliñou o portavoz do PP pontevedrés.

UN MILLÓN DE EUROS PERDIDOS DE FONDOS EUROPEOS

A esta situación, Rafa Domínguez sumou o millón de euros de fondos europeos ao que o Concello renunciou para mellorar a ribeira do Lérez, un feito que achacou ao "hartazgo político" do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

Domínguez pediu explicacións ao goberno municipal por non executar unha actuación ambiental para mellorar os espazos verdes da cidade, unha vez que a Xunta trasladou ao Concello a necesidade de realizar axustes na redacción do proxecto definitivo.

A pesar dos "múltiples requerimientos" da Xunta, o executivo municipal non contestou ata que acabou comunicando a súa renuncia oficial escudándose na dificultade de pór a disposición os terreos necesarios para realizar o proxecto.

O portavoz do PP augurou que haberá máis axudas económicas que Pontevedra perderá proximamente pola "incompetencia" dos concelleiros do BNG.