O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, rexeitou este mércores as acusacións de "discriminación" vertidas polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e defendeu a xestión do goberno provincial "dato mata a relato", dixo ao cifrar en 28 millóns de euros o investimento na cidade nos dous últimos anos.
Nunha comparecencia ante os medios, Domínguez asegurou que se viu "obligado" a convocar a rolda de prensa para "responder a unas acusaciones falsas, injustas y que evidencian el nerviosismo del señor Lores". "No es habitual que un alcalde haga oposición al líder de la oposición", criticou.
Domínguez subliñou que a Deputación mantivo unha liña de colaboración con todas as administracións, "también con el Concello de Pontevedra", e reivindicou a lema do ente provincial, "Tender pontes"."La Deputación ha hecho una apuesta histórica por Pontevedra. Nunca hubo tanta inversión en esta ciudad como ahora", afirmou.
O vicepresidente enumerou unha lista de actuacións financiadas pola Deputación na cidade durante este mandato. Entre elas, destacou que no marco deste convenio dedicáronse 2,1 millóns ao campo de fútbol de Salcedo, 1,4 millóns á iluminación do barrio de Lérez, e tamén se financiaron actuacións como a reforma da casa consistorial. Ademais, a Deputación investiu 16,4 millóns no Museo de Pontevedra, 1,7 millóns na Bienal, 2,3 millóns nas infraestruturas provinciais e ouros 1,7 só na estrada Marco-Tomeza. Do mesmo xeito, "fue esta Deputación a que luchó para que Pontevedra no perdiera el presupuesto de la vía de Mollabao y pueda ser una realidad", afirmou Domínguez.
Así mesmo, desglosó partidas para actividades culturais, subvencións deportivas e proxectos para mozos, e asegurou que o investimento directo en infraestruturas na cidade ascende xa a 2,3 millóns nestes dous anos, ao que habería que sumar proxectos en execución ou previstos.
Domínguez tamén respondeu as críticas do alcalde sobre a suposta falta de apoio da Deputación aos Premios Feroz e ao tríatlon. Segundo explicou, existiu un compromiso público de 200.000 euros para os Feroz por parte do ente provincial, que se xestionou de común acordo co Concello para evitar trámites burocráticos.
Ademais, sinalou que no caso do tríatlon herdouse un compromiso asinado polo anterior goberno provincial de 500.000 euros, que foi asumido, pero xa advertiran ao Concello que "esa cifra no se volverá a repetir" por cuestións de equidad con outros eventos. "Aún así, se aportaron 100.000 euros fuera de convenio", engadiu.
En relación co convenio anual de colaboración co Concello de Pontevedra, Domínguez lembrou que a contía de 2,5 millóns de euros mantense desde hai dez anos, dos cales oito foron baixo o mandato da socialista Carmela Silva e con César Mosquera como vicepresidente. "Durante ese tiempo, Lores no protestó. Ahora sí", reprochou.
O vicepresidente defendeu que "no debe confundirse la inversión general en la ciudad con el convenio con el Concello" e afirmou que "cada solicitud del Concello ha sido tramitada con diligencia".
Domínguez acusou a Fernández Lores de actuar "con malicia o desconocimiento" e de iniciar unha estratexia de confrontación motivada polo "ascenso del Partido Popular en las encuestas". Asegurou que o goberno provincial está aberto a colaborar "dentro o fuera del convenio" e pediu ao rexedor "menos llorar y más trabajar".
"Estamos dispuestos a estudiar cualquier propuesta que beneficie a los pontevedreses. Nosotros no buscamos la confrontación, pero tampoco vamos a permitir que se nos acuse injustamente", resolveu.
O vicepresidente concluíu cunha defensa pechada do labor do presidente provincial, Luís López, e do seu propio compromiso coa cidade: "Estoy orgulloso de ser pontevedrés y de trabajar desde esta Deputación por el futuro de Pontevedra".