Rafa Domínguez promove unha xunta directiva ampla e "con representación de todas as opinións"

Pontevedra
28 de xuño 2022

O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, mantivo este martes un encontro con setenta persoas que forman parte do Comité Executivo e da nova Xunta local. Domínguez pretende canalizar as ideas e proxectos que agromen destes equipo para ofrecer á cidadanía un "proxecto de futuro moi pegado ás demandas sociais"

Rafa Domínguez constitúe a nova Xunta Directiva Local do PP PP de Pontevedra

Rafa Domínguez, presidente do Partido Popular de Pontevedra, formaba este martes a Xunta Directiva Local da agrupación política. Este equipo en colaboración co Comité Executivo será un dos principais grupos de traballo dos populares, segundo indica o candidato á alcaldía.

Preto de setenta persoas intégranse en ambos os equipos, sendo a Xunta Directiva máis numerosa da formación local desde os seus inicios. A intención de Domínguez é "abrir e aumentar as bases do noso partido". Segundo explica se recollen "todas as sensibilidades e opinións da sociedade pontevedresa neste grupo". 

Considera que se representa a todos os sectores da cidade e incorporáronse residentes no centro urbano, como dos barrios e das parroquias. Durante a reunión tratáronse os principais problemas da cidade como a taxa de desemprego; as "imposicións do goberno local" en referencia ao peche da avenida Raíña Vitoria, e o abandono no que se atopan diferentes zonas do municipio.

Rafa Domínguez sostivo durante o encontro que "toca cambio en Pontevedra" e asegurou que estarán á altura das esixencias. Segundo indicou, o seu obxectivo é canalizar as ideas e proxectos que promovan estes equipos para ofrecer á cidadanía un proxecto de futuro que atenda ás demandas sociais. 

A próxima semana convocarase aos catro grupos de traballo do PP local: economía e innovación; rural; desenvolvemento territorial; e igualdade e benestar social, para tratar diferentes temas para a próxima cita electoral.