BNG e PSOE, segundo o Partido Popular, "deberían dedicar su tiempo" a gobernar Pontevedra e non a demostrar a súa mala relación. Así o sinalou o portavoz dos populares, Rafa Domínguez, que lamentou que á fronte da cidade non haxa un goberno "unido".
"Son dos socios que no se llevan bien", sinalou Domínguez nunha rolda de prensa na que puxo en evidencia que socialistas e nacionalistas "no se avisa de sus respectivos actos, no mantienen comunicación y se rectifican mutuamente".
A este respecto, lembrou que "hace unos años" BNG e PSOE "se insultaban úublicamente" e agora son "incapaces" de chegar a acordos a pesar de estar "en un momento dulce", que segundo o portavoz popular, debería ser o seu primeiro ano de goberno coaligado.
A ausencia dun executivo "estable y sólido" demóstrase, entre outras cousas, no que non se aprobará o orzamento para 2020 antes de que termine o ano cando, gobernando o BNG en solitario, "se aprobaron siempre en tiempo y forma", segundo o líder do PP.
Rafa Domínguez pediu ao bipartito "que se pongan de acuerdo" canto antes e deixen ao carón as "diferencias notables" que hai entre eles, xa que considera que o atraso na aprobación do orzamento "provoca problemas" na xestión diaria do Concello.
"No puede ser que lleguemos a 2020 sin presupuesto", engadiu Domínguez.