O Parque de Lagocheiras, da Comunidade de Montes de Santomé, encherase esta fin de semana coa chegada da súa Rapa das Bestas.
A organización agarda que participen máis de 90 cabalos e aloitadores "tanto de Marín como de distintas partes de Galicia e de España".
As actividades foron presentadas no parque este xoves pola Asociación Cabalar Monte Gagán e os concelleiros Marián Sanmartín e Manuel Santos.
O sábado, día 9, ben cedo, ás 08.30 horas, será a quedada no curro para ir ao monte a xuntar ás bestas.
Para cear, haberá porco ao espeto a prezo popular para despois, a partir das 23.00 horas, gozar da verbena co Trío Rever e a disco móbil Dolce Vita.
O domingo 10, a partir das 12.00 horas, farase a saída do cierre coas bestas cara ao curro.
Ao chegar, comezarase coa separación das poldras. E xa ás 17.00 horas, comezará a tradicional rapa das bestas.
Desde a comisión avisan de que haberá servizo de bar para comer e un sorteo ás 20.00 horas.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.