A rapazada de Marín celebra a chegada do 2026 na Alameda

Marín
31 de decembro 2025
Actualizado: 02 de xaneiro 2026

A recreación das uvas de Fin de Ano, xogos e música transformaron a mañá nun encontro familiar moi animado

Despedida infantil de 2025 en Marín

A mañá deste mércores na Alameda de Marín estivo marcada pola ledicia na festa infantil de Fin de Ano, que comezou ás 11:45 co simbólico ritual das uvas para despedir o 2025.

A alcaldesa, María Ramallo, achegouse ata a celebración, que reuniu a numerosos nenos e nenas acompañados polas súas familias.

Durante o evento, non faltou a animación musical, os xogos, obradoiros de globoflexia e a toma de doce uvas ou de gominolas, convertendo a despedida do ano nun momento participativo e moi divertido para os máis pequenos.

Pero a festa non queda aquí. Esta mesma noite de mércores 31, dende a unha da madrugada, o Multiusos acollerá o baile de Fin de Ano coa Orquesta Galia e co DJ Peque, nunha actividade organizada pola asociación Botón de Ancla co Concello de Marín.

Xa no primeiro día de 2026, ás 19:00 horas, voltará o baile de Aninovo, tamén no Multiusos, coa música do Grupo BL Pop e DJ Peque.

O venres 2 a programación continuará cun obradoiro de manualidades a partir das 12:30 horas, impulsado polo Ateneo Santa Cecilia no seu local. 

 

Arquivado en