Raquel Martínez Lorenzo, nova concelleira do PP en Pontevedra

Pontevedra
12 de agosto 2024

Tras o falecemento do concelleiro Gerardo Pérez Puga, o PP reorganiza o seu equipo municipal coa entrada de Raquel Domínguez, pediatra no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

A doutora Raquel Domínguez Partido Popular de Pontevedra

O Partido Popular de Pontevedra anunciou a incorporación da doutora Raquel Martínez Lorenzo como nova concelleira do grupo municipal.

Martínez Lorenzo asumirá o seu cargo no Concello nos próximos días, tras unha reorganización interna establecida polo presidente local, Rafa Domínguez, con motivo do recente falecemento do concelleiro Gerardo Pérez Puga.

Domínguez destacou a relevancia desta incorporación, sinalando que a experiencia de Martínez Lorenzo no ámbito da saúde será unha valiosa achega para o equipo: "Raquel é unha profesional recoñecida na nosa cidade e estamos seguros de que o seu traballo no Concello contribuirá significativamente ao benestar de todos os pontevedreses".

Pola súa banda, a doutora Martínez Lorenzo expresou o seu entusiasmo por este novo reto: "É unha honra unirme ao grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra. O meu compromiso sempre foi coa saúde e o benestar das persoas, e agora, como concelleira, porei todo o meu esforzo en mellorar a calidade de vida dos nosos veciños".

Martínez Lorenzo, nacida en Pontevedra en 1976, é pediatra no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

Ten unha destacada traxectoria no ámbito médico, incluíndo o seu labor como vogal de medicina hospitalaria no Colexio Médico de Pontevedra e na Sociedade Galega de Pediatría.