Raxó Verán e Campaverán volverán nos meses de xullo e agosto

Poio
16 de marzo 2022

A edil responsable da área, Raquel Rodríguez (BNG), incide na importancia de continuar impulsando Raxó Verán e Campaverán como fórmulas que garantan a conciliación familiar e laboral

Ludoteca Campaverán, no CEIP Isidora Riestra Concello de Poio

As ludotecas de verán impulsadas pola Concellería de Educación do Concello de Poio, Campaverán e Raxó Verán, volverán a estar operativas nos meses de xullo e agosto. 

A concelleira Raquel Rodríguez sinalou que o Concello de Poio reafírmase na súa aposta polos servizos, actuacións e iniciativas que faciliten a conciliación familiar, "como institución que defende a igualdade e a corresponsabilidade nos coidados nos fogares".

O Campaverán desenvolverase nas instalacións do CEIP Isidora Riestra, en San Xoán, e, o Raxó Verán no CEIP Espedregada. As prazas repartiranse en catro quendas diferentes, de 15 días.

A Concellería de Educación dará a coñecer proximamente toda a información relacionada coas bases, número de prazas dispoñibles e os períodos de reserva e inscrición.