Reabren as sendas fluviais pechas polo temporal ao desaparecer o risco de inundación

Pontevedra
28 de xaneiro 2026
Actualizado: 18:11

Retirouse a restrición nos accesos e sendas dos ríos Lérez, Gafos e Rons agás un tramo da zona de Ponte Boleira que quedou danado pola auga coa borrasca Joseph

Paseo dos Gafos pechado por risco de inundación

Os accesos fluviais e senllas peonís dos ríos Lérez, Gafos e Rons pechos desde o luns quedaron de novo abertos ao público.

Pecháronse polo paso da borrasca Joseph e agora levantouse a restrcción, segundo a información do Concello de Pontevedra pola "desaparición do risco inminente de desbordamento".

Na tarde deste mércores quedaron abertos todos excepto un tramo da senda do Gafos á altura de Ponte Boleira, que quedou danado pola auga dos últimos días.

Neste paseo, queda prohibido o paso de peatones, polo conseguinte risco que leva, ata que se logre proceder ao seu arranxo.

Os servizos técnicos municipais van estudar a situación desa zona, en especial, a dun tubo que quedou á intemperie.

A continuación, segundo confirmaron fontes municipais, actuarase "coa maior celeridade" posible, sempre tendo en conta que o tempo o permita, pois nos próximos días prevese que continúen as intensas choivas.

O Concello de Pontevedra activou o luns o protocolo de seguridade ante a alerta laranxa por risco de inundacións e a previsión de fortes choivas.

A medida afectou a zonas potencialmente inundables, para previr riscos á poboación.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora