Recollidos 23 cans das rúas durante o estado de alarma

Pontevedra
10 de abril 2020

Estas recollidas se enmarcan nos supostos de atención necesaria: casos con animais feridos, potencialmente perigosos, animais mantidos en instalacións municipais non habilitadas para o seu coidado, animais libres que poidan causar accidentes ou lesións e actuacións de emerxencia requiridas polo poder xudicial e os corpos e forzas de seguridade

Unha das cadelas recollidas tivo unha camada de sete cachorros
Unha das cadelas recollidas tivo unha camada de sete cachorros / Deputación de Pontevedra

Desde que o Goberno decretou o Estado de Alarma o pasado 14 de marzo o Centro de acollida e protección de animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra CAAN leva recollidos 23 cans abandonados.

Estas recollidas se enmarcan nos supostos de atención necesaria: casos con animais feridos, potencialmente perigosos, animais mantidos en instalacións municipais non habilitadas para o seu coidado, animais libres que poidan causar accidentes ou lesións e actuacións de emerxencia requiridas polo poder xudicial e os corpos e forzas de seguridade.

En cinco casos os cans recollidos puideron ser devoltos aos seus propietarios. Neste senso, desde a institución provincial prégase aos propietarios que estes días estremen as precaucións ao saír a pasear coas súas mascotas, a fin de evitar o extravío dos animais e as consecuentes situacións de risco para eles e para as persoas.

O CAAN segue pechado ao público e ten as adopcións suspendidas.

Doutra banda, dentro das medidas adoptadas co Estado de Alarma, no centro da Armenteira reduciuse a presenza física ao mínimo persoal necesario, que traballa coas medidas hixiénicas, de protección e distancias de seguridade en quendas diferenciadas por actividades. Así mesmo, establecéronse servizos indispensables para a limpeza das instalacións e a alimentación e atención veterinaria permanente dos animais.