Reconstrúen o atropelo mortal do Vao para tentar esclarecer o ocorrido

Pontevedra
28 de xuño 2026

O simulacro, no que estivo presente o condutor do camión ao que se investiga por un posible homicidio, tivo lugar este domingo na mesma zona na que ocorreu o accidente en abril

Reconstrución do atropello mortal do Vao Guardia Civil

A investigación do atropelo mortal do pasado mes de abril no Vao, Pontevedra, no que morreu un home de 48 anos, segue o seu curso.

Este domingo levouse a cabo na zona do suceso unha reconstrución dos feitos coa que as autoridades bucan escalarecer o acontecido.

No simulacro estaba presente o condutor do camión involucrado no atropelo, e que está a ser investigado por un posible homicidio que podería ir máis aló da imprudencia.

De feito, apenas un día despois do accidente, o Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra decretou o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza.

Á reconstrución, segundo información da Garda Civil, acudiron a xuíza, o fiscal e a letrada da administración de xustiza.

Por parte da Garda civil de Tráfico participaron compoñentes do EIS de Pontevedra, EPRAT de Pontevedra e GIAT.

A eles sumáronselle testemuñas do suceso, as defensas e o presunto autor.

O obxectivo do simulacro era recrear os feitos da forma máis precisa posible situando tanto a persoas como aos vehículos no espazo e tempo que ocuparon aquel fatídico día do mes de abril.

Reconstrución do atropelo mortal do VaoGarda Civil